xoves, 27 de outubro de 2022

Benvidos ao novo curso

 


O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar o día, os nenos e nenas de 1º representaron o conto "Non é unha caixa" de Antoinette Portis.






Preme aqui para ver o video


4º de Primaria representou "Un gato na árbore" de Pablo Albo.





Preme aquí para ver o video das normas da biblioteca.
Preme aquí para ver o video do conto.

Pola súa banda, 6º de Primaria realizou un podcast sobre "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roald Dahl.


 
Preme na imaxe para escoitar o podcast.

xoves, 9 de xuño de 2022

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

 No cole fixemos un concurso de Banda deseñada co gallo das Letras Galegas. A verdade, xurdiron propostas moi interesantes, e quen sabe, algún talento oculto hai no cole. 


                Foto dos premiados. 



Foto dos traballos realizados polos nenos.





martes, 7 de xuño de 2022

CONFERENCIAS MEDIO AMBIENTE

Este ano traballamos un proxecto de centro relacionado co medio ambiente. Fixemos unhas conferencias tódolos cursos e aprendemos moitas cousas que non sabiamos.

 Fai click na imaxe para ver a conferencia de 2º.





Fai click enriba da imaxe para ver a conferencia de 4º



Fai click na imaxe para ver a conferencia de 5º


Fai click na imaxe para ver a conferencia de 3º










CONCERTO DIDÁCTICO EN PAZOS DE REIS

PANCHO ÁLVAREZ EN PAZOS

Outra actividade que fixemos nas semanas previas ás Letras galegas foi un concerto didáctico no cole. Fixemos un percorrido historico con instrumentos de corda que nos presentou Pancho Álvarez. Foi moi interesante e tivemos a oportunidade de escoitar e probar instrumentos moi antigos.















LETRAS GALEGAS NO COLE

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano para celabrar as LETRAS GALEGAS fixamos un recordatorio de cousas importantes na nosa lingua. Cada curso foi o encargado de explicar o que pasou nas datas máis representativas da lingua que nos une.











martes, 10 de maio de 2022

TUI LE 2022

 TUI LE.

Os nenos e nenas de 2º e 3º este ano si, puidemos disfrutar do Tui Le. A verdade, xa o botabamos de menos. Facer intercambio de libros e convivir con outros coles da comarca. Disfrutamos dunha actuación voltamos o cole a coñecer a Paula Carballeira.  







































Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...