5 - 13 DE NOVEMBRO
Do 5 ao 13 de Novembro celebraronse no noso colexio "As xornadas de Ciencia en galego" mediante unha serie de conferencias nas que os protagonistas foron os alumnos e alumnas de todos os niveis.
Foi unha experiencia moi interesante na que o obxectivo principal era desenvolver a expresión oral diante dun auditorio máis amplo ca da propia clase. A pesar dos momentos de medo escénico que os rapaces e rapazas dixeron experimentar, tamén é certo que ao rematar amosaban a alegría e as emocións desbordantes esperadas por ter superado satisfactoriamente o reto de falar sin que a voz quedara afogada polos nervios.
Visitade a web do colexio e os blogues dos cursos ( 6º, 5º,4º, 3º ) para ver os vídeos completos das conferencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario