A partir deste mes de xaneiro o alumnado levará a súa casa durante unha semana “A mochila Viaxeira”.
Nela atoparedes unha escolma do que hai na biblioteca do colexio: contos, videoxogos educativos, cómics, libros sobre educación, películas, etc.
Todo o necesario para pasar un bo rato en familia lendo un conto ou vendo un documental.
Agardamos que sexa de voso agrado e que fagades suxestións sobre o material que vos gustaría que houbese nelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario