A mediados de abril toda a escola asistiu a diferentes representacións teatrais que se realizaron durante a Hora de Ler.
Adaptáronse contos e obras de teatro que o alumnado estivo preparando durante parte do primeiro e segundo trimestre.
O teatro é un proxecto importante dentro do colexio porque favorece habilidades e competencias de diferentes ámbitos. Ademáis de todas as habilidades relacionadas coa comprensión e expresión oral, tamén están presentes a expresión corporal, a expresión artística e o desenvolvemento relacional dentro do grupo.
Foron tres sesións donde todos puidemos compartir nervios, entusiasmo, alegría....
Ningún comentario:
Publicar un comentario