venres, 15 de decembro de 2017
SEMANA DA CIENCIA
"Cando vivían en branco e negro"é un proxecto documental no que participou todo o colexio para ir na procura dos tempos nos que viviron os avós e bisavós do noso alumnado.
Así, para complementar as pescudas nas casas ou en libros ou na internet, tivemos o pracer de recibir a avoas, avós e aínda bisavoas que nos falaron dos seus tempos: da súa escola, da familia, das vivendas, oficios; en fin, de como era a súa vida.
Aquí tendes unha escolma das exposicións orais que se sucederon durante a Semana da Ciencia.
Esta experiencia vímola facendo dende hai varios anos e ten dous obxectivos principais: favorecer o traballo por proxectos de investigación e que o alumnado aprenda a expresarse en público en diferentes contextos como as dramatizacións, programas de radio, lecturas entre aulas,...Todas estas actividades realízanse sempre ao longo do curso.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Benvidos ao novo curso
O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...

-
O Día Internacional da Muller , orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora , se conmemora cada 8 de marzo para no...
-
No cole fixemos un concurso de Banda deseñada co gallo das Letras Galegas. A verdade, xurdiron propostas moi interesantes, e quen sabe, alg...
-
Este ano traballamos un proxecto de centro relacionado co medio ambiente. Fixemos unhas conferencias tódolos cursos e aprendemos moitas cous...
Ningún comentario:
Publicar un comentario