luns, 26 de outubro de 2020

Educación responsable para a nosa vida

Un ano máis, levaremos a cabo un proxecto documental no que colaborarán todos os niveis do cole. Como este ano todo é diferente tamén o será a elaboración e exposición oral.

A temática que nos servirá de base para  nosas investigacións chámase "Educación responsable para a nosa vida", inspirada na páxina web da Fundación Botín , no Programa educativo "Raices y Brotes" (Instituto Jane Goodall) e no programa convocado pola Consellería de Educación         "A Educación Responsable".

No mes de Decembro escoitaremos as conferencias que o alumnado de cada clase gravará en vídeo sobre algún aspecto desta temática, porque este ano non é posible escoitalas en vivo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...