Día da muller
O 8 de marzo, día da muller, fixemos diversos actos para conmemorar a loita da muller pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade.
Un día de reivindicación e de visualización dos enormes esforzos que realizan mulleres e nenas en todo o mundo para forxar un futuro máis igualitario.
Dende o colexio traballamos con impetu esta cuestión durante todo o ano porque a igualdade de xénero non é unha cuestión dun día, nin dun mes. Debe ser un compromiso para conseguir un mundo libre de violencia, xusto e solidario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario