mércores, 18 de xaneiro de 2017

Mes da ciencia

Como en cursos anteriores, durante o primeiro trimestre todo o alumnado realizou investigacións sobre un tema común. Este curso o cambio climático foi o protagonista. A idea xurdiu cando soubemos que Chus Lago estaba preparando unha expedición a Groenlandia. O motivo desta expedición é chamar a atención sobre as causas que están producindo o quecemento ambios no noso planeta e que lle afectan tan directamente ao xeo dos polos.


Arredor deste tema xurdiron outras ideas, algunhas moi relacionadas, outras menos relacionadas, experimentos,...


En calquera caso, todo isto rematou cando @s alumn@s de cada clase realizaron unha  exposición oral acompañada dunha presentación de diapositivas onde se recollía o resultado das investigacións.


 





A clase de 1º de Primaria realizou unha exposición moi interesante sobre OS ESQUIMÓS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...