mércores, 23 de xaneiro de 2019

CONFERENCIA: ONDE O GPS NOS LEVE


O Proxecto Documental de Centro tivo este curso un protagonista que se escribe con letras maiúsculas: o GPS.
 

Tratáronse diferentes aspectos sobre este sistema de orientación, así como a comparación cos sistemas de que nos servíamos antes de que existise o GPS.
 

Por aulas ou ciclos realizáronse exposicións orais para amosar os achados ou traballos realizados.
 

Antes de nada necesitabamos saber en que consiste este sistema de navegación, que elementos interveñen no seu funcionamento, tipos de satélites artificiais, etc.

Disto encargáronse en 6º de Primaria, a súa conferencia foi moi esclarecedora e supuxo o punto de saída.


O alumnado de 3 anos explicou que era para eles o GPS. Paga a pena escoitar as súas respostas.
 

5º e 6º de Educación Infantil descubriron as rutas que percorren as tartarugas mariñas. Traballaron con moito interés facendo moitas preguntas.
 

"Un GPS con destino a Marraquesh" foi o título da conferencia do alumnado de 1º e 2º de Primaria enmarcado noutro proxecto que estaban desenvolvendo nas clases en relación ao país de orixe de varios alumnos.
 
 
Para realizar as rutas "Colexio-Tui" e "Colexio- Muiños do río Tripes", o alumnado de 3º e 4º traballaron coas aplicacións Google maps para localizar lugares, o My maps para construír a ruta con fotografías e información de lugares de interese etnográfico e turístico. Para seguir as rutas, levaron móbiles e tablets ademais de planos en papel.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...