Toda a comunidade educativa do noso centro educativo amosou estar moi sensibilizada cos temas medioambientais, apoiando as organizacións en defensa da protección dos ecosistemas do noso planeta como por exemplo Teachers for Future. Ésta organización pon a disposición do profesorado diferentes programas para sensibilizar sobre a influencia humana sobre o clima, un exemplo destes programas chámase "Recreos. Residuos cero".
En decembro deste ano celebrouse en Madrid a Conferencia Mundial sobre o Clima. Este acontecemento foi o punto sobre o que a dirección do centro e o equipo da biblioteca propuxeron o Proxecto de Investigación sobre o Cambio Climático.
Ésto deu lugar a exposicións orais realizadas polo alumnado no que reflectían a súa preocupación sobre este problema e estudaron e deron coñecer alternativas e solucións que diminuiría a contaminación ambiental e os seus efectos no clima. Nos blog de cada curso están os vídeos das conferencias:E. Infantil: "O cambio climático" , 1º-2ºde E.Primaria:"Alimentación saudable e sostible" , 3º-4º de Primaria. "A economía circular", 5º de Primaria: "A Biodiversidade"
martes, 21 de xaneiro de 2020
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Benvidos ao novo curso
O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...
-
O Día Internacional da Muller , orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora , se conmemora cada 8 de marzo para no...
-
DEIXAMOS AQUÍ UNHA PÁXINA ONDE PODEDES ATOPAR MOITOS RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAÍN: https://sites.google.com/site/recursosparaosamain...
-
As 5 razóns de Fran Alonso para ler poesía: Co título " O florecer da poesía" iniciamos as actividades do 2º trimestre...
Ningún comentario:
Publicar un comentario