mércores, 24 de febreiro de 2021

Como resultado do proxecto documental de centro comezado no primeiro 

trimestre, cada grupo aula elaborou unha conferencia de acordo coa temática 

elixida entorno o gran tema da " Educación responsable para a nosa vida".

 

 A continuación vos mostramos os traballos realizados polos alumnos/as:

 

6º de infantil: O alumnado de 6º de infantil traballaron sobre os dereitos da 

infancia a través de diferentes manualidades. 


 

5º de infantil: Os nenos/as mostráronnos diferentes trucos para protexerse da 

COVID-19. No seguinte enlace podédelo ver: 

http://aventureirosdepazos.blogspot.com/

 1º e 2º de primaria: Fixeron unha análise dos cambios que supuxo o coronavirus

 nos distintos ámbitos da vida.

 

 

3º de primaria: Amosáronnos a crecente importancia das plantas na sociedade 

científica .



4º de primaria: Na clase de cuarto centráronse en investigar os animais en 

perigo de extinción.


 

6º de primaria: Os alumnos/as de 6º fixeron un traballo de investigación sobre a 

Gripe Española

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...