martes, 8 de marzo de 2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA



O mércores 23 de febreiro celebramos no cole o DÍA DE ROSALÍA. Este ano o tempo permitiunos facer unha gran festa no patio gardando as medidas de seguridade correspondentes.  

Como as flores favoritas de Rosalía parece que eran os pensamentos, o Equipo de Dinamización da Lingua propúxonos plantar pensamentos na nosa horta para recordar a GRANDE ESCRITORA. Esta idea serviunos como punto de partida para buscar información e montar uns carteis con ideas, poesías, citas textuais… sobre ela e que logo se expuxeron nos paneis do patio. Quedaron moi chulos!. 

 Logo cada clase preparou un poema  e recitouno ou cantouno no patio e así xuntos poder desfrutar e coñecer mais da obra desta grande muller. Para isto tivemos que buscar as súas obras na nosa biblioteca. 

 Como remate de festa puidemos desfrutar da actuación do grupo Migallas cantando cancións do seu disco “Pan de millo”. Separadiños por grupos burbulla puidemos cantar e bailar a reo. Que ben o pasamos! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...