mércores, 20 de decembro de 2017

Radio e lecturas para o Nadal


Como cada ano emítese en Radio Tui o programa  colectivo de Nadal de recomendación de lecturas realizado no noso centro. Neste primeiro programa colectivo participan os máis pequenos:


Ao alumnado de 3 anos gústanlle contos como "O polo Pepe",        "A eiruga larpeira", os nenos e nenas de 4, 5 anos e a 2º de Primaria  quedaron abraiados coa lectura das aventuras de  "Daniela pirata".


"Moncho e a Mancha" é o conto recomendado por 1º de Primaria, gozando moitísimo cantando o rap de Moncho,


3º de Primaria fai unha recensión sobre o libro"Derradeira carta aos Reis Magos", un tema moi apropiado para estas datas e para estas idades.


Xa sabedes, deixádevos guiar polas suxestións dos máis pequenos cando vaiades comprar os agasallos de Nadal e escoitade o noso programa mañá, xoves 21 de Decembro sobre as 11, 30h en Radio Tui.


FELICES FESTAS E BOAS LECTURAS!!!!


 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...