venres, 15 de decembro de 2017

SEMANA DA CIENCIA



"Cando vivían en branco e negro"é un proxecto documental no que participou todo o colexio para ir na procura dos tempos nos que viviron os avós e bisavós do noso alumnado.

Así, para complementar as pescudas nas casas ou en libros ou na internet, tivemos o pracer de recibir a avoas, avós e aínda bisavoas que nos falaron dos seus tempos: da súa escola, da familia, das vivendas, oficios; en fin, de como era a súa vida.

Aquí tendes unha escolma das exposicións orais que se sucederon durante a Semana da Ciencia.

Esta experiencia vímola facendo dende hai varios anos e ten dous obxectivos principais: favorecer o traballo por proxectos de investigación e que o alumnado aprenda a expresarse en público en diferentes contextos como as dramatizacións, programas de radio, lecturas entre aulas,...Todas estas actividades realízanse sempre ao longo do curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Benvidos ao novo curso

  O pasado 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, e aproveitamos para abrir un ano máis A Porteliña. Para conmemorar ...